Entrevistas
4 de outubro de 2011 A Mariña-El Progreso
Pardeiro: 'O equipo ten que escalar a partir de agora'

O partido disputado en Córdoba tivo dúas partes completamente diferentes e así o asegura o adestrador do Burela FS Pescados Rubén, Javier Pardeiro, que cre que cada equipo mandou sobre a pista durante vinte minutos. “O Cajasur foi mellor na primeira metade e así hai que recoñecelo, pero nós fomos infinitamente superiores na segunda”, sinalou.

O cadro mariñán saíu ben plantado sobre a cancha, pero pouco a pouco viuse superado polo Cajasur, letal á contra. “Sabiamos que tiña transicións rápidas pero a verdade é que nos sorprendeu. Saímos controlando ben pero cometemos algún erro e o rival fixo que o pagásemos”.

A reacción laranxa foi espléndida tras o descanso e nin sequera a lesión de Peque amedrentou as mariñás, que foron a polo partido e tiveron opcións reais de puntuar. “Puxémonos con 2-3 con 16 mintuos por disputar. Atamos de mans o rival e asediámolo por completo, pero faltounos sempre marcar o gol que nos puxera o empate. Talvez estariamos falando doutro resultado”, dixo.

Pardeiro admite que sumar tres puntos en catro xornadas non é o que esperaba, pero cre que a remontada non se fará esperar. “O equipo está ben e estou convencido de que empezaremos a gañar para escalar na clasificación”, asegurou.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores