Entrevistas
11 de outubro de 2011 La Voz de Galicia
Brais: 'O artífice da vitoria en Gáldar foi todo o equipo'

O Burela FS-Pescados Rubén venceu en Gáldar (2-5). Foi a súa primeira vitoria da tempada na Segunda División e coincidiu coa estrea como titular do mozo Brais García (Burela, 1980). O porteiro burelista estivo sinxelamente xenial. Asombrou a un público canario que acabou recoñecendo os méritos do rapaz.

-Todas as crónicas o sinalan como o principal responsable da vitoria.

-Saín contento. Atopeime moi a gusto e creo que cumprín co meu traballo, pero de aí a que fose o principal responsable... O artífice da vitoria foi o equipo. Fixemos un partido moi bo, con moita intensidade e entrega desde o primeiro minuto ata o último. Demos o máximo ante un rival ao que lle tiñamos ganas desde o play-off do ano pasado, e tamén hai que destacar que de cara á portería tivemos o acerto que nos faltou nos partidos anteriores.

 

[ + inf. en La Voz de Galicia]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores