Entrevistas
18 de outubro de 2011 A Mariña-El Progreso
Quique García: 'Foi un triunfo ante o mellor equipo que pasou polo Vista Alegre en 2011-12'

“Foi un triunfo moi traballado ante o mellor equipo que pasou polo Vista Alegre nesta tempada. O Ceutí demostrou que a segunda praza non é froito da casualidade”, sinala o técnico, que valora a tenacidade do seu cadro para conseguir o obxectivo dos tres puntos. “Foi un partido moi nivelado, con bos momentos de ambos os conxuntos. Valoro o traballo realizado polos meus xogadores”, dixo.

 

O técnico amósase contento, pero tamén ambicioso á hora de pedirlles aos seus homes que manteñan a progresión. “Todo é mellorable. Tivemos bos minutos e outros de máis atasco. É normal ter erros e penso que debemos seguir mellorando” sinala García, que destaca a igualdade que hai na categoría. “É o noso primeiro triunfo na casa, aínda que esperemos lograr moitos máis. O Burela FS é un gran club, pero tampouco podemos desmerecer o resto de equipos, que están demostrando que hai un alto nivel”.

 

O adestrador espera que as próximas xornadas sirvan para reafirmar a etapa de dous triunfos seguidos. “As sensacións cambian en 7 segundos e o único que podemos facer é darlle continuidade a este bo momento de resultados”, concluíu.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores