Entrevistas
29 de novembro de 2011 La Voz de Galicia
Dani Martín: 'Estamos facendo as cousas ben e aínda nos queda marxe de crecemento'

Dani Martín (Salamanca, 1988) rara vez anda con rodeos. Case sempre di o que pensa. O pichichi do Burela FS-Pescados Rubén e da Segunda División considera unha obriga máis que unha prioridade que o seu equipo acceda a outro play-off de ascenso desde os postos que conceden vantaxe nas eliminatorias, algo “primordial” para consumar o ansiado salto á máxima categoría.

-Nunha escala sobre 10 a que altura situaría o actual nivel de xogo e anímico do Burela?

-Moi arriba, no 9 como mínimo no apartado anímico e no 8 en canto a xogo. Estamos facendo as cousas ben e o mellor é que aínda nos queda marxe de crecemento. Debemos mellorar eses erros puntuais defensivos, máis individuais que colectivos, que nos custaron puntos.

[…]

-Leva xa 15 goles. A este paso axiña volverán tentalo dende a máxima categoría.

-Sería absurdo non recoñecer que teño ganas de volver xogar na División de Honra, pero o meu gran obxectivo é facelo co Burela e xa a próxima tempada.

-Na súa anterior etapa no Burela marcou 33 goles entre liga e fase de ascenso. Superará esa marca?

-É algo que non me preocupa o máis mínimo. O meu único desexo é que os que marque axuden ao BurelaFS-Pescados Rubén a cumprir os seus obxectivos.

 

[+ inf. en La Voz de Galicia]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores