Entrevistas
5 de xaneiro de 2012 Futsalsur
Quique García: 'Irme a Galicia era unha grande oportunidade'

A situación económica que viven os clubs andaluces, en certo xeito, levou a Quique García a buscar as papas en terras galegas. O CD Burela fixouse o pasado verán no técnico xienense, que non dubidou en coller os apeiros para comezar unha nova experiencia nun dos equipos clave da segunda categoría do fútbol sala nacional. Con García falamos dos cinco meses de travesías vividas a beiras do Cantábrico, cun presente e futuro, prometedor, como alentador.

Que significou para Quique García o reto de adestrar por primeira vez fóra de Andalucía?

- O proxecto que me ofreceu Burela foi moi atractivo e enriquecedor, sabía que tiña unha gran responsabilidade por diante e por iso me decidín. Coñecer outro club, outros directivos, técnicos, xogadores... era unha grande oportunidade para compartir coñecementos e adestrar un dos mellores equipos da LNFS, un club que sempre aspirou a subir a 1ª división. Non foi fácil tomar esta decisión porque a familia non me podía acompañar, pero márcaste retos na vida e este era o momento para afrontar un moi importante.

 

[+ inf. en Futsalsur]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores