Entrevistas
10 de xaneiro de 2012 La Voz // Foto: Futsalsur
Víctor López: 'Podo achegar esforzo, experiencia e espero que tamén finalización'

O Burela FS Pescados Rubén é o cuarto equipo na carreira de Víctor López (Madrid, 1987), fichado no mercado de inverno e que o sábado en Xaén vestiu por primeira vez a camiseta laranxa. O ex-xogador do Boadilla, Carnicer e Benicarló promete poñer ao servizo do club a experiencia adquirida na Primeira División, esforzo e sacrificio, e espera ser parte implicada no gol para o conxunto de Quique García.

- Imaxínoo feliz polo debut pero un tanto desencantado polo resultado.
- Así é, apetecíame debutar e gustaríame facelo cunha vitoria. En calquera caso e aínda que puidemos sentenciar ao inicio da segunda parte, hai que valorar este punto en Xaén porque eles tamén tiveron as súas ocasións e empatamos nos últimos segundos.

- En que mellorará o Burela coa súa incorporación?
- Podo achegar experiencia, a pouca ou moita que tiven en Primeira, esforzo e espero que tamén finalización.

[…]

- Que lle fixo inclinarse pola do club mariñán?
- O proxecto chamoume moito a atención e paréceme moi serio e interesante. Ademais, todo o mundo fala marabillas do Burela.

- A afección é un dos principais activos deste club. Sufriuna como visitante?
- Vin xogar con Boadilla hai catro anos ou cinco e sorprendeume o ambiente. Non é habitual en Segunda ver un pavillón cheo e animando constantemente.

- Purao, Juanma, Dani Martín, Iago Míguez… Xa coñecía moitos dos seus novos compañeiros.
- Con Dani Martín coincidín no Carnicer e a Purao, Juanma e Iago Míguez coñecíaos de enfrontarme a eles. Creo que contamos cun cadro compensado e capacitado para cumprir os obxectivos.

- Que impresión lle causou o técnico?
- Non o coñecía. Quique García paréceme un adestrador serio, responsable e coas ideas moi claras; sabe o que quere. Agora correspóndenos a nós facer o que nos pide. Nótase que foi xogador profesional.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores