Entrevistas
27 de xaneiro de 2012
Christian: 'O equipo está traballando ben para volver á dinámica gañadora en Antequera'

O Burela FS Pescados Rubén cumprirá a décimo oitava xornada da Segunda División mañá na pista do UMA Antequera FS, duodécimo clasificado (19 puntos); o pavillón malagueño Fernando Argüelles dará o toque de saída ás 18.00 horas. Para o laranxa Christian Palmeiro, que celebrou o seu regreso ás pistas tras a lesión de xeonllo co gol do empate ante o Andorra, “o equipo está traballando ben para volver á dinámica gañadora en Antequera. O traballo que non se ve, o de toda a semana nos adestramentos, dános confianza e forza para rematar con esta mala etapa”.

Para o xogador viveirense, a clave para facerse cos tres puntos e defender a oitava praza (22 puntos) en terras andaluzas pasa por manter “a seriedade en ataque e defensa demostradas ante o Andorra”. Con respecto ao seu anterior cruzamento no que o electrónico quedou en táboas (2-2), o mariñán ve “un Burela FS máis forte e con mellor xogo, ademais dun punto extra de motivación”. “O conxunto malagueño é un rival con calidade e gol; os xogadores levan anos xuntos. Teñen resultados avultados polo que deberemos estar moi mentalizados na defensa porque á contra poden facer moi dano”.

Xunto a Christian, que quixo agradecer “o apoio de compañeiros, corpo técnico e directiva nos momentos difíciles”, compoñen a convocatoria para mañá Brais, aínda con molestias, André, Purao, Ique, Juanma, Iago Barro, Víctor López, Bebeto, Turero y Iago Míguez. Clebinho cumprirá o segundo e último encontro de sanción tras a expulsión en Murcia.

Empatados a puntos cos laranxas, o Gáldar Gran Canaria, noveno, recibirá o segundo clasificado, Sala 5 Martorell (29), e o UA Ceutí, décimo, será o anfitrión ante o décimo quinto, Space Gasifred Ciutat d’Eivissa (17).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores