Entrevistas
30 de xaneiro de 2012
Despedida de Quique García

Con este comunicado quero despedirme de todas as persoas que compoñen o CD Burela FS, agradecendo o trato recibido e a disposición para axudarme en todo o necesario a nivel deportivo e persoal.

Hoxe é un día triste porque deixo de pertencer a un gran club, pero marcho coa satisfacción de traballar con humildade e responsabilidade durante estes seis meses.

Tamén o día da miña despedida quero ter un recordo afectuoso para a afección e cordial para os medios de comunicación, pero sobre todo quero felicitar o labor dos meus compañeiros do corpo técnico, xogadores e directivos.

Desexo moita sorte ao equipo para que se cumpran os obxectivos marcados polo club.

Burela, 30 de xaneiro de 2012

 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores