Entrevistas
4 de maio de 2012 Fundación Imdecum
Haydee: 'A análise de estatísticas é imprescindible para o rendemento deportivo de elite'

A xogadora do Burela FS Pescados Rubén de Primeira División Haydee Agras profundou onte na metodoloxía do scouting, nas I Xornadas do Deporte Academia Imdecum 2012 que acolle durante este mes o IES Monte Castelo. Nunha participativa charla, a peche laranxa repasou os seus dous anos de experiencia xunto ao corpo técnico do prestixioso ElPozo Murcia na análise estatística de rivais e edición de vídeos, unha tarefa “imprescindible para o rendemento deportivo de elite”.

“Para deportes como o voleibol, hóckey herba, baloncesto ou fútbol americano é un labor primordial na dinámica de traballo”, explicou Haydee. A xogadora tamén fixo referencia á implantación do scouting no fútbol sala. “Hoxe por hoxe, El Pozo é o equipo da LNFS que mellor traballa a estatística; está demostrando que con esta metodoloxía se obteñen resultados  e por iso o resto dos conxuntos o están empezando a implantar como modelo”, dixo Haydee, que tamén falou do Burela FS: “Dentro da disposición de medios e materiais no noso equipo, analizamos os rivais e a nós mesmas en vídeos de encontros, unha tarefa que asume en gran medida o adestrador, Javier Pardeiro, na que tamén lle boto unha man” concluíu. 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores