Entrevistas
10 de maio de 2012 SalaFemenino
Entrevista de SalaFemenino a Lidia, polo seu debut coa Vermella

Lidia María Mesías Espiñeira é outra das debutantes na Selección Española. Na súa terceira tempada en Burela, foi chamada para a concentración que recentemente fixo a Selección en Las Rozas. Aos seus 22 anos, cumpre un dos seus soños e compárteo con SalaFemenino nesta entrevista logo da concentración.

Que balance fas da experiencia coa selección?

- Para min foi unha experiencia inesquecible, moi boa e proveitosa. Foi unha experiencia nunca vivida ata agora no Fútbol sala.

Sorprendeuche moito estar?

- Si, sorprendeume. Foi unha sorpresa pero ao mesmo tempo unha alegría. Sempre é algo co que soñas, con que chegue a grande oportunidade, pero o certo é que aínda a vía como unha posibilidade máis afastada.

É un soño feito realidade.

Como te decataches de que estabas convocada? Que sentiches cando cho anunciaron?

- Decateime por algunhas compañeiras do equipo, pensei que estaban de broma. Moita ilusión, un sentimento de alegría e felicidade moi grande. [...]

 

[+ inf. SalaFemenino]


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores