Entrevistas
16 de maio de 2012 A Mariña-El Progreso
Juanma: 'Cada play off é unha nova ilusión para min'

Xogar o play off de ascenso á Primeira División non será unha novidade para Juanma, o capitán do Burela FS. O ala-pivote alfocego participou en seis das sete promocións que xogou o club laranxa e a súa única ausencia coincidiu coa tempada que defendeu a camiseta do Azkar, precisamente
en Honra. O xogador móstrase satisfeito polo premio de alcanzar o play off. “O primeiro obxectivo está cumprido [...] Cada play off é unha nova ilusión para min e para o equipo. Fomos medrando semana a semana e estou convencido de que imos ser un óso duro de roer. Ímonos facer notar”, manifestou.

[...]

Juanma coñece ben o rival que atopará o Burela FS no seu primeiro paso para alcanzar a Primeira División. O Manzanares, segundo clasificado de Segunda, destaca sobre todo pola seu poderío na casa, onde xogará un terceiro
encontro no caso dun triunfo para cada un nos dous primeiros. “É un equipo moi complicado, sobre todo como local, e a proba é que non perdeu na casa en toda a Liga. O importante é golpear primeiro e comezar cun triunfo no Vista Alegre”, sinala Juanma, que se mostra optimista sobre as posibilidades do equipo de avanzar ata a segunda e definitiva rolda. “Na casa gañamos a case todos os de arriba, menos o Gáldar, e o equipo adoita dar a cara cando se enfronta a rivais de entidade. O play off sempre é algo diferente e as forzas adoitan igualarse”.

”Un club como o Burela FS sempre debe estar no play off, pero é certo que esta vez houbo que esperar ata o final. Non temos o factor cancha a favor, pero gañando na casa todo cambia. Debemos dalo todo desde que o balón se poña en xogo”, concluíu.

[...]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores