Entrevistas
30 de maio de 2012 La Voz de Galicia
Christian: 'En Vista Alegre hai que gañar si ou si'

Eliminado o Manzanares, ao Burela-Pescados Rubén xa só lle queda un rival ao que superar para estar a próxima tempada na máxima categoría. E a diferenza de anteriores intentos, non é un escollo ao que temer polos seus números ou reputación, aína que o burelista Christian advirte que a decisiva eliminatoria co Martorell se presume “igual de difícil ou máis que a anterior”.

O conxunto catalán completou a liga regular do mesmo xeito que os laranxas, suando ata o final a clasificación para o play-off e con 44 puntos no seu haber. Para Christian, trátase dun adversario “máis accesible” que outros como o Gáldar ou o Marfil Santa Coloma e con máis puntos fortes que débiles. “Sacan un gran partido á súa experiencia, sobre todo á de Jordi e Diego Blanco, os seus líderes, e contan con varios xogadores novos que actúan sen ningún tipo de presión e teñen calidade. O seu problema é o mesmo que o noso, as poucas rotacións”, sinala o xogador burelista, seguro de que os seus inchas os levarán en bandexa no asalto do venres no Vista Alegre. “Non é necesario facer un chamamento á afección, sempre responde. O máis que podo facer é darlles xa as grazas de forma anticipada porque serán eles os que marquen o primeiro gol”, indica.

“En Vista Alegre hai que gañar si ou si”, concluíu dicindo Christian, un dos xogadores con máis incidencia na clasificación para esta segunda e última eliminatoria.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores