Entrevistas
9 de xullo de 2012
Javier Pardeiro, unha tempada máis dirixindo o Burela FS na elite

O adestrador Javier Pardeiro continuará un ano máis dirixindo o Burela FS na Primeira División Feminina. O técnico formalizou esta mesma mañá a renovación do contrato xunto ao directivo laranxa Marcelino Luna na sede do club mariñán.

“É o momento de culminar un proxecto que levamos forxando tres tempadas” asegurou Javier Pardeiro, facendo fincapé nas metas de 2012-13: “Os nosos obxectivos serán máis ambiciosos; sabemos que será moi complicado superar os resultados desta tempada pero pelexaremos para que nos volvan sorrir e optar a todo”. “Para min é moi importante seguir co excelente grupo de traballo co que contei este ano” adiantou o estratega laranxa.

“Javier Pardeiro é o eixe dun equipo en constante evolución. É un dos responsables de que os rivais da Primeira División lle dispensen un profundo respecto ao Burela FS, a pesar da súa curta traxectoria” dixo Marcelino Luna, congratulándose da continuidade do adestrador.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores