Entrevistas
13 de xullo de 2012
José Luis Sáez, no Top Ten de Futbolsalaweb

Como valoras a tempada que realizou o club, tanto o masculino como o feminino?
Excelente, o equipo feminino alcanzou unha meritoria terceira posición e clasificouse para a semifinal de Copa; o equipo masculino alcanzou a última rolda de play off, o cal, deportivamente lle deu dereito ao ascenso xunto ao Gáldar.

Que lle fai ao club loitar polo fútbol sala, en todas as súas seccións, non só masculina ou feminina?
A implicación social da entidade é total. O deporte como xeito de vida na sociedade burelense incardinado dentro do CD BURELA FS fainos traballar desde a base ata a elite para dar alegrías aos nosos afeccionados e cumprir un importantísimo labor social.

Unha vez que o masculino está na Primeira División, como se tomou a noticia?
Con moita serenidade e coa firme intención de non hipotecar o club, a entidade está por riba de todo.

 

[+ inf. en Futbolsalaweb]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores