Entrevistas
20 de xullo de 2012
Maite tamén queda no Burela FS

A ala Maite García de la Montaña tamén quedará nas filas burelistas a vindeira tempada. A cacereña, de 24 anos, asumirá o segundo ano laranxa “coas mesmas boas sensacións e esperando superar os logros persoais e do equipo”.

“O Burela FS sempre se caracterizou por ser un cadro moi loitador. Con esta premisa e coa maioría do bloque da tempada pasada garantido, poderemos superarnos, aínda que sabemos que será un reto de altura” asegurou Maite, que tamén apuntou a necesidade dalgunha incorporación no ataque para mellorar metas: “Creo que precisamos algunha xogadora para matar arriba; esa foi unha das nosas tarefas pendentes na tempada e oxalá ese reforzo poida chegar este ano”. 

Con respecto ás noticias que van chegando da liga, Maite aplaudiu a entrada en Primeira doutro galego, o Viaxes Amarelle: “Será unha competición repleta de derbis; para nós será xenial porque estes partidos teñen algo especial” sinalou a xogadora.

Maite chegou en 2011-12 ao Burela FS procedente do Diamante La Rioja como subcampioa da Copa de España Burela 2011, igual que a tamén renovada Peque. Tras o Neumáticos Navalmoral (1997-2000) e CF Abetxuko (2000-05), a ala militou no Viajes Bidasoa (2005-08), de Prata, antes de vincularse á entidade rioxana en 2008.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores