Entrevistas
9 de outubro de 2012
Pardeiro: 'O do Soto del Real tamén será un partido moi físico'

Navegando no coliderato xunto a Orvina, Navalcarnero e Alcorcón, o Burela FS Pescados Rubén xa analiza concienzudamente o vindeiro rival da Primeira División RFEF, co que se verá o sábado, ás 18.30, en Vista Alegre. “O do Soto del Real será tamén un partido moi físico” afirmou Javier Pardeiro, tras romper a imbatibilidade do Diamante Logroño (1-0) nunha cita moi intensa, que requiriu moi traballo e concentración para as laranxas.


Xogadoras e corpo técnico escoitaron a bucina final o sábado pasado, ante as rioxanas, con gran xúbilo. “É do partido do que estou máis orgulloso, aínda máis que do 0-6 na pista do Ponte Ourense” declarou Pardeiro, que agradeceu as súas pupilas o sobreesforzo ao que estiveron sometidas: “As rapazas dérono todo sobre a pista; o rival esixiunos moito e a escaseza de rotacións obrigounos a xogar moitos minutos” aseverou o técnico.


“Esta semana adaptaremos os adestramentos ás condicións das xogadoras para chegar na mellor forma á próxima xornada. Lucía, Maite e Haydee finalizaron o encontro con sobrecargas e Dany descansará ata finais de semana, por molestias nun xeonllo“ explicou Pardeiro, asegurando, non obstante, que “o Burela FS estará a punto o sábado para unha nova guerra física, fronte a un conxunto moi reforzado que ata o momento non tivo un calendario doado”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores