Entrevistas
24 de outubro de 2012
Pardeiro: 'O Móstoles está na senda do bo xogo'

Volve o fútbol sala de Primeira este sábado á bomboneira (18.30 horas) coa visita do sempre solemne FSF Móstoles, vixente campión da Copa de España e subcampión da Supercopa. O Burela FS Pescados Rubén recibirá o rival cuns resultados nada habituais para as madrileñas, con tan só 4 puntos na cuadrícula en 6 xornadas, aínda que Javier Pardeiro advirte da súa inminente recuperación. “O Móstoles está na senda do bo xogo. Tivo un inicio difícil pola súa escaseza de efectivos. Ten un cadro curto, coma no noso caso, e a expulsión de Patri Chamorro na Supercopa requiriu un maior esforzo por parte do resto das compañeiras. Non obstante, a semana pasada, co Ponte Ourense, xa despregou un bo xogo cun empate que mereceu ser vitoria“ explicou o adestrador.


“Non se pode cuestionar que o Móstoles volverá estar no cumio de Primeira; o seu quinteto de luxo, con Belén, Patri Chamorro, Eva Manguán, María Otero e Inma, así o ratifica” asegurou o técnico laranxa.


O conxunto laranxa chega a esta gran cita, repleta de posibilidades futbolísticas e de espectáculo, rifando o liderado co Atlético de Madrid Navalcarnero. As pupilas de Javier Pardeiro prolongaron na pista do Viaxes Amarelle a boa dinámica de resultados, cun contundente 1-5, nun encontro do que o técnico se sente “moi orgulloso, non só porque fomos intelixentes, adaptándonos a una pista difícil e medindo ben a intensidade, senón porque tivemos o privilexio de estar arroupadas dende a bancada”. “Non sei cantos afeccionados laranxas estiveron con nós, pero parecían máis de 100, animando incesantemente; estamos moi agradecidas” confesou o preparador.


Pardeiro tamén destacou a vitoria do Amarelle polo debut en liga de Patri, baixo os paus, “respondendo moi ben, xa que non é nada doado ao non estar acostumada á dinámica competitiva”, e das promesas Paula e Silvia.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores