Entrevistas
15 de novembro de 2012
Iago Barro: “Vista Alegre vivirá un auténtico partidazo o venres”

O porteiro burelao aposta polo Burela FS Pescados Rubén para o partido de semifinais da Copa Xunta que se disputa este venres en Vista Alegre (21 horas) malia que recoñece que o Santiago Futsal será “un rival durísimo que aperta ben arriba e nos porá as cousas moi difíciles. E será tamén un derbi atractivo para a afección, que estou seguro de que verá un auténtico partidazo este venres”.


Iago considera que “o equipo ten ganas de volver á competición oficial logo deste parón. E este choque daranos ademais a opción de xogar unha final dunha competición moi atractiva”. Para o xogador burelao “o conxunto laranxa está respondendo ben ás baixas e temos que dalo todo para que cando volvan os compañeiros sumen e podamos recuperar o terreo perdido. Estamos moi animados”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores