Entrevistas
22 de novembro de 2012
Julio Delgado: “Será difícil contra Inter pero saberemos estar á altura”

O equipo de Jullo Delgado enfronta o próximo partido ante Inter Movistar (sábado 24. 17 horas) coas únicas baixas de Edu e Juanma. “Vexo aos xogadores moi animados, sobre todo despois do bo partido que fixemos ante Santiago. As sensacións son moi boas. melloramos na finalización e ademais non recibimos tantos por mor de ningunha perda nosa, o que nos fortalece”, sinala o técnico.


Delgado aprecia “un maior equilibrio no xogo colectivo do equipo” e máis criterio á hora de sacar o balón. Ademais, recoñece que “baixamos un pouco a liña ofensiva e os xogadores atópanse máis seguros. Asimilárono moi ben. O que non quere dicir que non vaiamos apertar. A premisa é empezar aí e ir mellorando”.


Con respecto a Inter Movistar, o adestrador burelao admite que “é un gran equipo, histórico onde os haxa. O club europeo con máis títulos internacionais, que soubo incorporar mocidade e ilusión dentro dunha estrutura enorme e de gran calado a nivel deportivo”.


Para finalizar, Julio Delgado permítese facer un prognóstico para as xornadas que restan ata o parón do Nadal: “espero que fagamos algún punto máis, pero sería bo chegar ao parón con seis ou sete. As xornadas precedentes foron duras e o calendario non nos beneficiou, pero creo sinceramente que a día de hoxe mereciamos algo máis do que temos. Con todo, saberemos saír adiante”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores