Entrevistas
4 de xaneiro de 2013
Edu: 'O apoio da afección laranxa en Lugo será unha motivación extra para gañar'

O capitán Eduardo Saavedra (Narón, 1979) comparte o sentimento do vestiario laranxa para o gran derbi entre castrexos e romanos desta tarde-noite, no municipal de Lugo (21.15 horas): ‘O apoio da afección laranxa será unha motivación extra para gañar” asegura agradecido o gardameta, advertindo sobre as posibilidades do Burela FS Pescados Rubén “sempre que o partido non se converta nun correcalles. Iso podería facilitarlle as cousas ao Azkar no seu xogo de contraataque e verticalidade” puntualizou o ferrolán.


Aínda que o regreso de Edu, á Mariña non foi todo o doce que desexaría, por unha lesión de menisco que o afastou do fútbol sala en outubro, iso xa é auga pasada. Os prazos de recuperación cumpríronse e antes do remate de 2012 puido regresar, primeiro en Navarra e despois ante o Santiago Futsal, con moi boas vibracións: “Estou collendo confianza e ritmo de partido para axudar en todo o que poida; o xeonllo está respondendo e síntome moi ben” explicou o porteiro.


O ex do Oxipharma destacou a importancia dos próximos compromisos para a supervivencia laranxa: “Temos tres partidos primordiais para endereitar o camiño cara á segunda volta. Se conseguimos algo positivo, poderemos comezar a respirar” asegurou o meta naronés, que identificou “a motivación e a confianza” como as claves para volver de Lugo cun resultado favorable.


O cadro laranxa completo desprazarase esta tarde a Lugo, aínda que con serias dúbidas de que poidan participar Nacho Pedraza e Enrique, por senllas molestias. Entrará na convocatoria o xuvenil Carlos Valle Izaguirre, Carlitos.


 


Caja Segovia, día 12 (17.00 horas)


Os mariñáns estrearán o ano en Vista Alegre, con cambio de horario, o sábado 12 de xaneiro, na penúltima xornada da primeira volta. O Caja Segovia saltará á pista da bomboneira ás 17.00 horas, ante a atenta mirada das cámaras da TVG2.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores