Entrevistas
15 de xaneiro de 2013
Julio Delgado: 'O fútbol sala foi cruel co Burela'

-Queda só un partido para acabar a primeira volta e sumaron só 2 puntos. Imaxinaba un camiño tan tortuoso?


 


-Tiñamos claro que ía ser difícil competir en Primeira porque todos chegamos un pouco a cegas. A aclimatación estase alongando bastante, é verdade, aínda que creo que o fútbol sala foi cruel co Burela. Non nos merecemos isto, sobre todo polo xogo que estamos despregando na nosa casa. A situación non é real.


 


-Que puntos bota máis de menos?


 


-No partido na casa ante o Gáldar debemos gañar os tres puntos, co Inter Movistar tamén merecemos algo máis e o sábado ante o Caja Segovia puidemos sacar un punto co feito no segundo tempo. O xusto sería que estivésemos con tres ou catro puntos máis na clasificación.


 


-Que é o que frea ao Burela?


 


-Á parte de que a situación condiciona bastante o rendemento, porque moitas veces se actúa máis co corazón que coa cabeza, o que máis botamos en falta é o acerto na finalización. Iso todo o mundo o ve.


 


-De varios das fichaxes esperábase máis.


 


-De todo o grupo esperábase máis. A Primeira División esixe moitísimo e non che concede demasiado tempo para construír, e talvez é aí onde nos equivocamos. Pensamos que podiamos crear un proxecto de futuro e non é así, a Primeira División non cho permite.


 


[+ inf. La Voz de Galicia]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores