Entrevistas
22 de xaneiro de 2013
Pardeiro: 'Temos cinco xornadas fundamentais'

A visita do Orvina en Primeira División RFEF servirá para arrincar a segunda volta, coas ilusións intactas (sábado 26, 18.30 horas) e na que os inicios serán importantísimos. Pardeiro cre que os cinco próximos encontros poden marcar o destino laranxa na competición. “Penso que son cinco xornadas fundamentais na loita polo título. Creo que algún equipo vai pegar forte e espero que sexamos nós. SE somos capaces de conseguir os 15 puntos en xogo creo que poderemos ir a por todas” sinalou.



A escuadra laranxa gaña, marca e defende máis que o curso pasado



O representante feminino na élite do Burela FS Pescdos Rubén supérase ata con limitacións. Cun cadro máis escaso que a do curso pasado, a escuadra que lidera Javier Pardeiro alcanzou o ecuador do campionato con números mellores que os que presentaba hai xusto un ano.


Na última tempada, ao remate da primeira volta, o equipo burelista xa sufrira cinco derrotas e era sétimo na clasificación (26 puntos, 8 menos que o líder, Móstoles), acumulaba 52 goles a favor (3,46 por encontro) e 25 en contra . Case 12 meses despois, o Burela FS soña co título, é o máximo perseguidor do reputado Atlético de Madrid e a súa media de tantos marcados e encaixados supera os do último exercicio.


As laranxas marcaron en todos e cada un do os seus 14 partidos -un menos que en 2011-12- e en catro deles conseguiron deixar o seu portería a cero.


FONTE: A Mariña-El Progreso // La Voz de Galicia

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores