Entrevistas
30 de xaneiro de 2013
XOIAS LARANXAS: Coñecemos a... Álex Pedreira

Baloncesto, xadrez… e agora tamén fútbol sala. Estas son as grandes paixóns que configuran a heteroxénea axenda de lecer de Álex Pedreira Blanco (Burela, 17/05/2003), que descubriu neste curso a maxia laranxa animado por seu irmán Víctor e algún que outro amigo, xa con moitos minutos de entretemento sobre Vista Alegre e outras moitas de pistas dentro e fóra da Mariña.


O benxamín, que tamén se declara un estudante moi aplicado “sobre todo en inglés, matemáticas e lingua española”, decidiu internarse na ED EON Burela FS probando en defensa baixo os paus: “Xa probara como porteiro no colexio, no Pilar de Foz, é unha posición na que estou ben. Pásoo moi ben nos adestramentos con Alfonso Mera, Nacho Pedraza e Mimi, aínda que os máis divertidos son con Mera” di Álex, recoñecendo certa debilidade ademais por Iago Barro, con quen tamén se deleita en sesións específicas de gardametas. Para este pequeno futbolista, o viveirense é o espello no que mirarse, convertido no seu deportista preferido, un privilexio que Iago comparte na vitrina de Álex con nada máis e nada menos que o representante da Vermella de Baloncesto Juan Carlos Navarro.


Pero isto non acaba aquí! A curiosidade de Álex por coñecer novos mundos non se detén. Próximo reto: a dramaturxia. Quen sabe se dentro duns aniños o veremos polos escenarios cumprindo o seu soño de actor?


Do que non hai dúbida é de que a ilusión de Álex está abrindo moitas portas para labrarse un futuro prometedor.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores