Entrevistas
4 de febreiro de 2013
Matamoros: 'Foi un comezo impresionante'

Debutar co teu novo equipo sempre é complicado, pero hai xogadores aos que non lles pasa factura o peso da súa nova camiseta. Un deles é Jorge Matamoros. O novo xogador do Burela Pescados Rubén anotou tres tantos no seu primeiro partido coa camiseta laranxa e foi o gran protagonista da primeira vitoria mariñá da tempada, tras vencer 7 goles a 4 a Marfil Santa Coloma.
O pivote madrileño rompeu a barreira do tempo e o espazo. En tan só tres minutos de xogo, el xa conseguira tres tantos. “Foi un comezo impresionante. Vivino con moitísima intensidade e os goles son froito das ganas coas que chegaba ao partido. Necesitaba volver sentirme un xogador importante tras moito tempo esperándoo”.


O Burela conseguiu a súa primeira vitoria da tempada, tres puntos que serven aos laranxas para saír do descenso momentaneamente. Matamoros quixo agradecer o “inmenso apoio da afección durante todo o partido. Marfil é un equipo con moita calidade, temibles en ataque, como vimos. Pero nós fixemos un partido impecable e levamos os puntos”.


O obxectivo da tempada para o Burela non é outro que a permanencia na máxima categoría da LNFS, e para iso, “os partidos na casa son vitais. Temos que facer de Vista Alegre un fortín para lograr as nosas metas. O mellor exemplo é este partido”, asegura Matamoros.


 


FONTE: LNFS



 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores