Entrevistas
5 de febreiro de 2013
Julio Delgado: 'A clave foi a efectividade'

"Espero que este sexa o punto de arranque definitivo" dixo Julio Delgado tras o vertixinoso 7-4, que lle deu ao Burela FS Pescados Rubén o primeiro triunfo en Primeira, rescatándoo do perigo do descenso. O adestrador burelista está convencido de que o equipo poderá dar máis de si coa adaptación paulatina das novas caras:"Levamos tres partidos sen perder e fixemos bos os dous empates. Silva tamén nos pode axudar en ataque".


A tan ansiada vitoria por fin chegou a pesar "merecelo moito antes". "Xogamos vinte minutos moi bos, pero a clave foi a efectividade, algo que nos faltou noutras ocasións" analizou o preparador, que tamén destacou o esforzo de todos os xogadores.


"A afección nunca deixou de estar co equipo; merecíase un partido así. Creo que gozou moito co Burela FS, sobre todo no primeiro tempo" explicou agradecido e con orgullo o técnico laranxa.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores