Entrevistas
6 de febreiro de 2013
Pardeiro: 'Sacar tres puntos en Gironella é motivo de orgullo'

O Burela FS Pescados Rubén goza da primeira semana como líder en solitario despois de impoñerse por primeira vez na súa historia na pista do Gironella (0-1). “Sacar os tres puntos nunha pista tan complicada como é Gironella, nunha pista marcada en vermello no noso calendario, é motivo de orgullo” afirma o adestrador mariñán, Javier Pardeiro.


O técnico asegura que o Burela FS ve a liga dende a primeira praza “con alegría e entusiasmo pero tamén cos pés no chan. Estamos nunha boa situación; dos cinco enfrontamentos cos de arriba, tres son na casa e iso proporciónanos optimismo, aínda que debemos ir pouco a pouco”. “Sabiamos que o duelo directo no cumio co Navalcarnero non ía supoñer un golpe de efecto, nin para ben nin para mal. A pesar da derrota nesa xornada, soubemos sobrepoñernos partindo da boa imaxe ofrecida en Madrid; os seguintes encontros sacámolos con vitoria, ao contrario do Navalcarnero, que non gañou dende entón” xustificou así o burelista a traxectoria ascendente dun “equipo dedicado e responsable”.


Esta semana, o Burela FS chega ao terceiro dos cinco encontros que Pardeiro xa cualificou de “fundamentais para os obxectivos laranxas, nunha segunda volta de moita máis tensión”, cos dous primeiros obstáculos xa superados. O Ponte Ourense será o próximo rival das laranxas na custodia da primeira praza, o sábado en Vista Alegre (18.30 horas). “Despois dun comezo dubitativo, teñen as cousas máis claras. Levan tres xornadas sen perder e virán moi reforzadas” adiantou Pardeiro.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores