Entrevistas
14 de febreiro de 2013
Lucas: 'Temos catro xornadas accesibles para os nosos intereses'

O cadro de Iván Cao, Lucas, celebrará a 21ª xornada de Terceira con derbi mariñán. Visitará a pista do Cidade de Viveiro o sábado, ás 16.00 horas, coa firme idea de seguir aproximándose ao podio nunha nova etapa de compromisos ligueiros. “Comezamos un novo ciclo. Temos por diante catro xornadas accesibles para os nosos intereses. Se os resultados nos son favorables, poderemos enfrontarnos aos rivais mellor posicionados con máis marxe e xa con Manu e Aarón recuperados” aseguraba o técnico burelista, analizando o calendario máis inmediato, con Viveiro, Bueu, Leis e Cafyd nos postos baixos da táboa.


Despois de validar a súa fortaleza como local, ante o Ribeira de Piquín (4-1), o Burela FS Pescados Rubén B asumirá o reto comarcal ocupando a quinta praza a tan só un puntiño do segundo, con 36 puntos e Xove, Pazos de Borbén e 5Coruña FS empatados. Aínda que o Viveiro chega á cita na antepenúltima praza (12 puntos) e encadeando tres xornadas sen coñecer a vitoria, coa goleada incluída do favoritísimo O Esteo (10-0), Lucas non se mostra nada confiado: “A priori somos superiores, pero temos que demostralo sobre a pista. Un derbi sempre está rodeado de incerteza, pode pasar calquera cousa e nós somos conscientes de que non podemos relaxarnos; na primeira volta fixémonos coa vitoria a falta de tan só dous minutos para o final (4-3)” advertiu o estratega.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores