Entrevistas
20 de febreiro de 2013
XOIAS LARANXAS: Coñecemos a... Cristian García

O cadete Cristian García (Barreiros 1997) medrou cun balón nos pés. Aos cinco anos xa percorría as pistas de 20 x 20 no seu concello natal ata a categoría infantil, cando chegou á ED EON Burela FS. Polas veas desta promesa mariñá non só corren as cores laranxas, senón o branquiazul e o granate, como habitual das seleccións Galega e da Mariña. 


 


- O fútbol sala é o deporte que che quita o sono?


- Dedico case todo o tempo libre ao fútbol sala, aínda que no verán tamén practico piragüismo para mantemento físico.



- E nos estudos como vai? Xa tes algunha profesión en mente para o futuro?


- Imos tirando. Gustaríame estudar Ciencias do Deporte en Madrid ou Educación Física na Coruña, pero tamén me interesan, como alternativas, o sector da informática ou da electrónica.



- Acabas de regresar do Campionato de España con Galicia Sub-16. Mágoa de caer na fase de grupos…


- Viuse un nivel alto e sobre todo tremendamente igualado como reflectiu a clasificación coas catros seleccións empatadas a puntos, Madrid, Baleares, Castela A Mancha e nós. A clasificación decidiuse por goal average. Con Madrid, acusamos o cansazo da viaxe, aínda que ata que chegou o 1-0 competimos bastante ben; o 2-0 chegou antes do descanso e na segunda parte tras encaixar o 3-0, arriscamos co porteiro xogador pero non tivemos fortuna e eles sentenciaron (5-0). Con Baleares, non obstante, xa amosamos o noso verdadeiro potencial nun partido moi igualado; ao descanso perdiamos 2-1 pero na segunda logramos remontar e facernos coa victoria (4-3).



- Outra experiencia enriquecedora con Galicia entón?


- Si. Estou satisfeito de vivir outro campionato máis coa selección, aínda que con pena por non clasificarnos. Temos a espiña do primeiro encontro contra Madrid xa que non fomos inferiores pero o cansazo limitounos. No vindeiro campionato (organizado pola FGFS), que se disputará en Marina D’Or, a selección ten a esperanza de realizar un mellor papel.



- Tamén tiveches a oportunidade de estar coa Selección da Mariña na fase final autonómica.


- Na primeira fase houbo moita tensión, xogándonos o pase a un partido, con Lugo; foi a primeira vez que a sorte nos acompañou nos penaltis. Da final, en Santiago de Compotela, regresamos co título de subcampións.


 


- De todo estes anos, gardas algunha lembranza especial no fútbol sala?


- A tempada 2010-11, en infantís, porque o gañamos todo. Tamén o campionato nacional de 2011 con Galicia; conseguimos meter na ducha aos adestradores na celebración do título; sempre se libraban.


 


- Admiras a alguén neste deporte?


- De todos os adestradores che quedan nocións, pero de quen máis aprendín ata agora é dun compañeiro de toda a vida, de Renato; eu sempre fun máis ben de forza e grazas a el, fixándome nas súa habilidade, mellorei noutros aspectos. No mundo estelar do deporte, admiro o sacrificio de Íker Casillas, pero non teño ningún espello no que mirarme; sempre intento sacar o máximo de min.



- Falas de mellorar aspectos e dar o mellor de ti. Poderías definirte como xogador?


- Velocidade e forza, con sentido común. Niso traballo para seguir formándome sobre as pistas.


 


- Tes algún referente nos equipos sénior do Burela FS?


- Creo que tanto Juanma coma Lucía son exemplo de dedicación, empeño, esforzo e liderado.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores