Entrevistas
25 de febreiro de 2013
Pardeiro: 'Demostramos carácter nunha das pistas máis perigosas'

O Burela FS Pescados Rubén sumou tres puntos na pista do Soto del Real (1-4) que lle permiten seguir no liderado e soñar co título, nun encontro “moi difícil, a pesar do resultado”, a xuízo de Javier Pardeiro. “Demostramos carácter nunha das pistas máis perigosas da categoría” aseguraba orgulloso o técnico laranxa.


“Na primeira parte, a nosa superioridade provocou a incomodidade continua do rival. Espello dese dominio foi 0-4 ao descanso. No segundo período o Soto arriscou máis, pero soubemos responder defensivamente, aínda que en ataque erramos moitas ocasións” analizaba o transcurso da cita Pardeiro, sen contratempos na saúde das xogadoras: “Dolo non presentou complicacións, aínda que non era conveniente abusar de minutos; Haydee tampouco se resentiu” explicou o burelao, que tamén incidiu en “certas molestias controlables” de Lucía –xeonllo-, Lidia -golpe no nocello- e Peque – sobrecarga nos xemelgos.


Viaxes Amarelle FSF (domingo 3, 12.30 horas)


“Non nos podemos relaxar” adiantaba Javier Pardeiro referíndose ao próximo encontro burelista, o derbi galego que acollerá Vista Alegre o domingo 3 (12.30 horas). “Veremos a un equipo máis asentado na categoría, que pouco terá que ver co da primeira volta (1-5). Impuxéronse ao Navalcarnero (2-1) e veñen de empatar co Ponte Ourense (3-3)”, advertía así Pardeiro da perigosidade das coruñesas, que ocupan a penúltima praza (10 puntos).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores