Entrevistas
6 de marzo de 2013
Matamoros: 'Foi espectacular xogar para un pavillón cheo e con ese ambiente'
Foto: A Caixa Escura

O artífice dun dos goles máis destacados da xornada de Primeira LNFS, Jorge Valhermoso Matamoros, admitiu de bo grado o recoñecemento da belísima volea ante o FC Barcelona Aluspor (2-7): “Estou moi contento porque foi un gol bonito ante a nosa afección, aínda que o importante é sumar e o que desexo é marcar e que estes goles se transformen en puntos”.


“Foi espectacular xogar para un pavillón cheo e con ese ambiente, unha experiencia moi bonita. Mágoa non poder brindar á afección un mellor resultado aínda que eramos conscientes da enorme dificultade de puntuar ante o FC Barcelona” agradeceu así Mata a incrible resposta da grada de Vista Alegre.


O pívot madrileño destacou a loita do equipo durante todo o encontro e a mellor cara no segundo período, ademais de detectar certos aspectos sobre os que se deben traballar: “Foi unha pena encaixar tan axiña o 0-2; gustounos competir mellor ante un rival tan poderoso, sobre todo na primeira parte, pero concedemos demasiadas facilidades. Debemos mellorar a defensa das accións de estratexias, sempre é importante pero ante o Barça é fundamental porque pola contra te penaliza continuamente como demostraron ante nós”, explicou Mata.


 



Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores