Entrevistas
8 de marzo de 2013
Lara: 'Se superamos a gran favorita teremos moitas posibilidades'

Galicia Sub-23, coas burelistas Lidia Mesías e Lara Balseiro nas súas filas, partiu esta mañá cara á fase final do Campionato de España de Seleccións Territoriais (San Lorenzo del Escorial, 9-10 de marzo) dende Burela, despois de enfrontarse onte en amigable á escuadra laranxa, con 2 goles de Peque para as de Vista Alegre e 1, de Iria, para as irmandiñas.


A viveirense Lara, que recoñeceu “certa timidez inicial transformada despois en comodidade” xogando onte ante o seu equipo, destacou a fortaleza do rival en semifinais, pero tamén as opcións de Galicia: “Teremos enfronte a Madrid, a selección campioa nos últimos nove anos, pero tamén o tivemos moi complicado con Murcia, na primeira eliminatoria, e soubemos resolvelo. Temos un cadro bo, con xogadoras de calidade; creo que se superamos a gran favorita, dando o mellor de nós, teremos moitas posibilidades na final”.


Horarios


A semifinal, con Madrid, está programada para mañá, ás 12.00 horas, no pavillón Zaburdón; antes tamén se disputarán praza para a gran cita Castela A Mancha e Valencia (10.00). A loita definitiva será o domingo 10, ás 11.00 horas.


O combinado irmandiño conseguiu o billete para a fase final tras rematar primeiro de grupo en Murcia, con vitoria ante Castela e León (0-2) e o anfitrión (3-4).



Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores