Entrevistas
18 de marzo de 2013
Javier Lozano: 'Ten un mérito tremendo o que está facendo o Burela FS'



O Burela FS contou na inauguración da súa nova sde social coa participación do presidente da Liga Nacional de Fútbol Sala. Cando cumpre tres anos e medio de mandato, Javier Lozano Cid (Toledo, 1960) analiza a situación da entidade burelense, «un exemplo para todos os demais», da asociación e do fútbol sala español.

-Para a Liga é unha gran noticia que o Burela FS non pare, que intente seguir crecendo.

-Si, é un camiño o que está marcando. Non é só meter na pista o pouco ou moito diñeiro que teñas, senón crear unha estrutura que garanta uns servizos, unha proximidade á sociedade e un crecemento en base á profesionalidade. Porque, ao final, o deportivo ten cousas moi boas, pero tamén unha cousa mala, o 30 de xuño acábase e todo o que invistas aí, se ha ir. Tes que intentar deixar un legado, coidar a marca, ofrecer proximidade e facilidades para que a xente e os socios se sintan parte dun proxecto con moitísimo prestixio.

 

[+ inf. en La Voz de Galicia]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores