Entrevistas
22 de marzo de 2013
Juanlu: “É un duelo moi importante para nós e vital para o Gáldar”

O Burela Pescados Rubén afronta un novo reto na vixésimo primeira xornada da Primeira División ante o Colegio Arenas Gáldar, un rival directo na loita pola permanencia. Os duelos entre galegos e canarios son un clásico da LNFS e nesta ocasión dirimirán quen se achega máis ao obxectivo da permanencia.


Tras unha nova sanción ao Puertollano, que supón a perda de 2 puntos, o conxunto manchego pecha a clasificación con 7 puntos, os canarios ocupan a penúltima posición con 8 puntos mentres que o Burela Pescados Rubén é antepenúltimo con 9, sendo o equipo mellor colocado, na loita pola salvación, para a recta final da competición. Os pupilos de Juanlu afrontan o choque, sábado día 23 ás 19.30 horas (hora peninsular), coa moral e a confianza polas nubes ao plasmar a súa mellaría cos puntos logrados ante o Inter e ElPozo.


O técnico burelés cualifica o partido como “moi importante para nós e vital para o Gáldar xa que grazas aos puntos logrados invertimos a situación clasificatoria. O Gáldar afronta o partido con maior presión xa que o calendario non lle é favorable. Será un partido de máxima tensión e temos que confirmar a nosa progresión”. “Debemos evadirnos da presión e xogar con confianza. Agora non vale simplemente con dar boa imaxe, imos convencidos para conquistar os tres puntos.”


André. Nas filas canarias, os bureleses reencontrásense con André, ex-xogador do conxunto laranxa.


Convocatoria: Edu, Iago Barro, Enrique, Christian, Iago Míguez, Juanma, Cesinha, Mimi, Isi, Hugo, Nacho e Matamoros.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores