Entrevistas
25 de marzo de 2013
Juanlu: 'É un paso moi grande de cara á permanencia'

Tras a importantísima vitoria nas illas, Juanlu Alonso declaraba que “o resultado para nós é moi importante. Non é definitivo pero si un paso moi grande de cara á permanencia. En canto ao partido, o Gáldar soubo o partido que nos tiña que xogar, concedeunos durante moitos minutos a posesión. A nós fainos falta moito traballo e coordinación e o ataque posicional é o noso punto feble. Suso sabíao e xogounos moi ben á contra”.


“O resultado debeu ser maior xa que tanto eles coma nós non soubemos aproveitar as ocasións. Recordo para nós dúas a porta baleira. Afortunadamente para nós ao final gañamos o partido e isto vainos dar moita tranquilidade de cara ao futuro”, finalizaba o técnico.


 


LNFS



Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores