Entrevistas
26 de marzo de 2013
Maite: 'Defendemos ben e atacamos mellor'
Tras o categórico 8-0 ante UA Alacante, as laranxas saíron de Vista Alegre con sensacións moi positivas. «Sabiamos como nos ía xogar o Alicante, defendémolas moi ben, atacamos mellor e a verdade é que nos saíu todo de cara», precisou Maite.

A cacereña destacou o gran partido realizado polo seu equipo: «Creo que fomos superiores e o resultado é xusto, porque soubemos ler moi ben o xogo do rival e penso que a elas non lle saíron as cousas non porque non o intentasen, senón porque non lles deixabamos nós. Tiveron un par de ocasións moi claras, pero temos a sorte de ter na portería a Jozi, unha das mellores de España».


A ala burelista destapouse o sábado como goleadora, ao anotar dous dos oito tantos das mariñás, un deles de belísima feitura, ao sorprender a Sonia cunha gran vaselina. «Estou moi contenta porque xa facía moitas xornadas que non marcaba. Nunca fun de meter moitos goles, pero sete é unha boa cifra e a verdade é que foi moi gratificante meterlle un gol como o do outro día a unha das mellores porteiras que temos en España», manifestou a estremeña.


FONTE: La Voz de Galicia

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores