Entrevistas
2 de maio de 2013
Dolo: 'Ir partido a partido é o que nos permitiu estar no liderado'

A co-capitá do Burela FS Pescados Rubén Dolo (A Coruña, 1980) é consciente de que todo o mundo está pensando no partido do 11 de maio, co Navalcarnero, e considérao un erro, xa que o susto recibido en Ourense pode servir como aviso para concederlle toda a importancia ao partido de Roldán (domingo 5, 12.00 horas). "Ata agora fomos partido a partido e é o que nos permitiu estar onde estamos. Non podemos cometer o erro de relaxarnos ante un encontro como o que imos xogar en Roldán porque podería ser perigoso e podería botar por terra todo o traballo realizado", sinala a coruñesa, que tamén se referiu ao choque entre Alcorcón e ao 5-1 logrado. "Sabiamos que ía ser un rival moi difícil, é un equipo moi físico e demostrouno en Burela. Tivemos unha morea de xogadas de perigo, pero ao final sacamos os tres puntos na casa onde nos estamos mostrando moi fortes e estamos contentas ao seguir dependendo de nós para gañar a liga".


 


FONTE: A Mariña-El Progreso



Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores