Entrevistas
3 de maio de 2013
“Cristiano e Matamoros”

Michael Chumacero, xogador das categorías de base do CD Burela FS Pescados Rubén, recibiu na oficina da entidade laranxa o premio como segundo clasificado, en categoría infantil, na III edición do Certamen de Relatos curtos sobre fútbol sala “Le, escribe…¡Adestra a túa mente!


Con esta iniciativa, a Liga Nacional de Fútbol Sala celebrou o Día Internacional do Libro, en colaboración coa Editorial SM e o Certame contou, unha edición máis, cunha gran participación de noveles escritores.


 


O vicepresidente do club, Manuel Blanco, felicitou e animou ao mozo burelés para continuar coas súas inquietudes literarias e fixo entrega do premio, un lote de libros da editorial SM e produtos de merchandising da LNFS e Penalty, a Michael Chumacero que se amosou “entusiasmado e sorprendido con este premio. Non mo esperaba xa que é un concurso a nivel nacional”


Alumno do Ceip Vista Alegre de Burela, o novel literato de 11 anos declarouse un fiel seguidor dos libros “de aventuras e os relacionados co deporte”. En asuntos estrictamente deportivos, confesou a súa debilidade por xogadores como “Matamoros do CD Burela FS e en fútbol, fan incondicional de Cristián Ronaldo”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores