Entrevistas
7 de maio de 2013
E por que non?



Cando William Holden cruza unha mirada con Ernest Borgnine na miña adorada 'Grupo Salvaxe' antes de afrontar calquera misión que semella imposible sempre din as mesmas verbas... E por que non? antes de estoupar en risas. Así imaxino agora eu a Pardeiro, a Mera, a Dolo, a Lucía ou a calquera das súas compañeiras, cun sorriso pintado na súa faciana a cinco días do momento máis importante das súas vidas, polo menos a nivel deportivo.

Pero que ninguén confunda a palabra sorte con esforzo ou a casualidade coa determinación. O título da Liga, que seguro que vai chegar, non é outra cousa que o froito de catro anos de traballo e compromiso de moita xente, achegándose pouquiño a pouquiño á elite nacional, convertendo o que só era un soño de Prata nunha oportunidade de Ouro.

Ninguén ten a obriga de acudir o sábado a Vista Alegre, pero todo aquel que decida facelo debe saber que está poñendo unha pedra máis dun camiño edificado con moitas ledicias e algunhas bágoas, un camiño no que o Atlético é o último obstáculo para converter as guerreiras laranxas nunha lenda do Deporte Lucense.

 

E por que non? Se ademais temos a Messi, perdón a Peque.

 

A Mariña-El Progreso

A pé de cancha-Suso Pena







Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores