Entrevistas
20 de maio de 2013
Pardeiro: 'Preparamos a Copa con ilusión e responsabilidade'

Aínda entre homenaxe e homenaxe, as campioas da liga de Primeira RFEF 2012-13 preparan o seu próximo reto, a Copa de España Bilbao (24, 25 e 26 de maio), "con ilusión e responsabilidade", en palabras do seu técnico, Javier Pardeiro. O Burela FS Pescados Rubén será o encargado de abrir a competición de La Casilla o venres, ás 10.15 horas, fronte ao oitavo clasificado, Soto del Real (37 puntos).


 


"Será un encontro difícil ante un rival que se reforzou nas últimas xornadas e que irá moi motivado" avaliaba o preparador, que segue apostando pola esencia laranxa:"Nós viaxaremos como o equipo humilde que somos, coma se fora a nosa primeira participación na Copa e co soño de chegar o máis arriba posible" adiantou o burelista, reflexionando sobre desvantaxes e vantaxes de inaugurar a cita: "O horario non é moi bo para poder gozar da calor do público, aínda que somos capaces de gañar, teremos máis descanso para as semifinais".


 


No caso de que as pupilas Pardeiro saian vitoriosas en cuartos mediranse o sábado (17.00 horas) ao gañador de Ciudad de Alcorcón-Lacturale Orvina (venres, 17.30 horas), terceiro e sexto respectivamente. 


 


Nos enfrontamentos ligueiros, os resultados caeron do lado laranxa, 2-1 e 1-4.


 


Cadro de partidos



Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores