Entrevistas
13 de agosto de 2013
Isi: 'Queremos darlle moitas alegrías á marea laranxa'
O Burela FS Pescados Rubén e Isidoro Garrido Luque renovan o seu compromiso ata a tempada 2014/2015. O xogador cordobés manifestou sentirse “moi satisfeito por continuar en Burela onde me sentín moi a gusto desde que cheguei a tempada anterior. O Burela FS é un exemplo como club e foi sinxelo chegar a un acordo”.

Na presentación oficial, o presidente burelés, Manuel Blanco, e o directivo, Alberto Fernández acompañaron a Isi que vaticina unha tempada “moi interesante e con moitos desafíos que imos encarar cunha enorme ilusión. Á base do grupo sumouse esta tempada xente de moita calidade. Contamos cun potencial importante e queremos ser ambiciosos pero sempre desde a humildade”. Isi considera vital o apoio da afección laranxa “que sempre nos apoia con entusiasmo e esperamos ofrecerlles unha tempada moi bonita. A afección é vital, son o sexto xogador e co seu apoio converteremos Vista Alegre nun fortín”.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores