Entrevistas
14 de agosto de 2013
Patri: 'Traballaremos con ilusión para acadar os obxectivos'
Patricia Otero de Oliveira renova o seu compromiso co CD Burela FS Pescados Rubén para a tempada 2013/2014. A porteira coruñesa formalizou a súa renovación na oficina do club burelés acompañada do presidente, Manuel Blanco, e o xerente de Pizzbur Franquicias, José Manuel Vázquez, novo patrocinador do equipo mariñán a través da súa marca rexistrada Galipizza&Cia. A xogadora laranxa mostrou a súa satisfacción por continuar “unha tempada nun club da seriedade do CD Burela FS Pescados Rubén. A campaña anterior sentinme moi a gusto en todos os aspectos polo que a miña primeira opción sempre foi Burela”. Na nova tempada o conxunto dirixido por Quico Otero afrontará numerosos retos “que sabemos que son difíciles pero traballaremos con ilusión para conseguir os nosos obxectivos”. No plano persoal Patricia espera ter mellor fortuna “coas lesións respecto de a tempada anterior e así poder adestrar ao cen por cento, competir sanamente e buscar a miña oportunidade para gozar de máis minutos”.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores