Entrevistas
2 de setembro de 2013
Boas sensacións
O Burela FS Pescados Rubén chega á recta final da pretempada con ‘boas sensacións’. A imaxe ofrecida ante a afección de Vista Alegre, na presentación do proxecto laranxa, mirando de ti a ti e dando a cara ante o impoñente Inter Movistar (2-2), referenda a progresión dunha excelente pretempada. “Estamos contentos, pouco a pouco imos progresando; xa levamos acumulados moitos partidos y estamos gañando ritmo de competición“ admitía con optimismo o técnico burelista, Juanlu, moi satisfeito tanto co rendemento do bloque coma co compromiso individual dos seus. “O máis importante do sábado en Vista Alegre foi que todos os xogadores que participaron na pista contribuíron ao xogo. Nótase a mellora día a día; a pesar de que houbo incorporacións e de que o equipo , iso non prexudica o bo entendemento na pista” dixo o adestrador. “Cada vez estamos máis preto do nivel co que queremos empezar a liga” concluíu Juanlu, que aínda poderá disputar dous amigables esta semana, en Cedeira e Santiago de Compostela, antes de mergullarse de cheo na preparación e análise do Peñíscola FS, primeiro rival de liga (sábado 14).
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores