Entrevistas
24 de setembro de 2013
Quico Otero: 'Veremos a final de liga se o punto é bo'
Foto: A Caixa Escura

O Burela FS Pescados Rubén comezou a defensa do título de liga cun empate na casa ante o Soto del Real (1-1), que soubo a pouco para os intereses do equipo de Quico Otero. O cadro madrileño soubo rendibilizar unha das súas escasas chegadas á portería de Patri para anotar o tanto do empate.


Quico Otero recoñeceu que non é un resultado satisfactorio para o equipo, pero tamén valora o punto conseguido: “Xa veremos ao final da liga se o punto é bo ou non” sinala.


O técnico tamén destacou o traballo do Soto del Real, un rival que definiu como “un equipo que sabe a qué xoga e que fixo o seu traballo”, aproveitando o pouco que lle concedeu o Burela FS. “Defensivamente traballou ben e tivo a paciencia suficiente para esperar a súa oportunidade”, asegurou.


O preparador burelista tamén fixo mención á xustiza do marcador, puntualizando que “o que vale son os goles”, aínda que cre que as xogadoras laranxas fixeron méritos para facerse cos tres puntos. “Houbo momentos que tivemos posibilidades de xogar dúas contra unha ou meter balóns ao pivote, pero non o fixemos e facilitamos o traballo do rival. Aínda así, xeramos ocasións de sobra para gañar” concluíu o viveirense.


 


FONTE: A Mariña-El Progreso

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores