Entrevistas
24 de setembro de 2013
Juanma: 'Faltounos certa tranquilidade'

O capitán laranxa, Juanma, destaca a actitude do Burela FS Pescados Rubén no seu primeiro duelo en Vista Alegre, ante o Xota Navarra (1-2), que non se rendeu a pesar de non levar a batuta no electrónico. “Xogamos con máis corazón que cabeza” aseguraba o alfocego, algo que impediu chegar con máis claridade á área rival, sobre todo no último tramo do partido. “Faltounos certa tranquilidade. Poñer ganas está moi ben, pero hai que canalizalas de xeito positivo” explicaba o xogador.


“Só estamos na segunda xornada, queda moita marxe de manobra e tamén de mellora. Hai que manter a tranquilidade” sinalou Juanma, amosándose moi optimista co futuro dos laranxas: “O equipo estaba ben preparado, pero tamén somos conscientes de que hai moito que mellorar aínda. Temos vimios para ser un bo equipo, pero ata que vaian sete ou oito xornadas non se verá o verdadeiro potencial deste Burela FS. Era unha boa oportunidade para afastar a un rival directo a seis puntos, pero non a aproveitamos” explicou Juanma, agardando darlle axiña unha ledicia á bancada de Vista Alegre: “Todos queriamos gañar, sobre todo os xogadores que acaban de chegar, pero estou seguro de que esta tempada imos darlle moitas alegrías ao noso público”.


 


FONTE: A Mariña-El Progreso

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores