Entrevistas
26 de setembro de 2013
Matamoros: 'É un orgullo volver estar entre os elixidos'

O pivote laranxa Jorge Matamoros regresou onte a terras mariñás logo do seu exitoso periplo coa Selección Española en Ceuta a comezos de semana. “É un orgullo volver estar entre os elixidos” recoñecía o xogador do CD Burela FS Peixes Rubén.


O madrileño mostrouse pletórico por poder gozar dunha nova oportunidade coa Vermella, no preparatorio do Europeo 2014, co agasallo engadido do dobre triunfo ante Bélxica (5-2 e 8-2): “Despois de case un ano sen estar na selección a noticia chegoume con sorpresa; o traballo que estou realizando en Burela dábame confianza para manter a esperanza de dispoñer doutra oportunidade” explicaba Matamoros, autor do 2-0 no segundo amigable, destacando o “bo sabor de boca co que me reincorporo ao día a día laranxa tanto polos resultados do equipo como pola miña contribución”.


Matamoros só tivo palabras de eloxio para a Selección e os seus compañeiros: “O equipo está repleto de grandísimos xogadores; a calidade do grupo é garantía suficiente para facilitar a incorporación e o traballo de calquera individualidade. Ademais todos nos coñecemos; o compañeirismo que reina entre todos axúdanos e esa relación reflíctese nos bos resultados sobre a pista” relataba o burelista, xa con todos os sentidos depositados na competición de Primeira División: “Agora só penso en seguir traballando e facelo o mellor posible co meu equipo para dar moitas alegrías en liga”. Con respecto ao seu posible futuro con España, Matamoros recoñecía que “será difícil facerse un oco porque José Venancio xa dispón dun grupo feito, pero seguirei traballando porque se tiven esta oportunidade podo gozar de máis?, concluía o pivote.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores