Entrevistas
28 de novembro de 2013
Frenos Carpe reforza o apoio ao CD Burela FS

A empresa burelense Frenos Carpe, fiel colaboradora do fútbol sala laranxa, reforza en 2013-14 o seu apoio ao CD Burela FS Pescados Rubén. O presidente da entidade mariñá, Manuel Blanco Fanego, recibiu esta semana o xerente da firma patrocinadora, Carlos Neira, na sede do club para presentar a nova imaxe da equipación. O logo de Frenos Carpe xa loce na parte traseira do pantalón dos equipos sénior, masculino e feminino.


Manuel Blanco agradeceu o “compromiso da familia Neira e Frenos Carpe co fútbol sala desde hai anos e a súa importante aposta desta tempada apoiando os equipos de Primeira División”. Pola súa banda, Carlos Neira, trasladou “o sentimento de orgullo por colaborar cunha entidade como o CD Burela FS Pescados Rubén, referencia deste deporte e da Mariña por toda España”.


Creada en 1974, a empresa familiar de Burela (Mar Cantábrico, s/n, baixo), que actualmente dispón de sucursais en Lugo (polígono do Ceao, avenida Benigno Rivera, 10) e Ribadeo (Vilar número 1, estr. nac. 634), coa recente inauguración de Abadín (avenida de Galicia, 15), céntrase na fabricación e reconstrución de zapatas e pastillas de freo. O traballo ben realizado durante estas décadas facilitou á firma a apertura doutros mercados, incluíndo novos produtos, pero sempre coa base cimentada nas súas orixes.


Na presente tempada, Frenos Carpe brindará descontos en artigos de automoción para os socios laranxas. Poden consultar as condicións en calquera das delegacións da compañía.



www.frenos-carpe.es/


 



Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores