Entrevistas
25 de febreiro de 2014
Quico Otero: 'Suplimos o bo xogo con caste e ambición'

Tras o 4-3 ante o UA Alicante, Quico Otero recoñece que acabou o partido contento polos tres puntos, pero cunha ledicia contida y con matices. "A min gústame gañar, pero tamén xogar ben e estou máis feliz cando vexo o meu equipo facer as cousas que me gustan sobre a pista. Gústame ter a pelota, posesións longas, pero con sentido e ver o rival correr detrás de nós. Non foi o caso porque no segundo tempo cometemos moitos erros na lectura do encontro e fomos nós os que corremos detrás do rival" sinalou Otero, que viu dúas partes completamente diferentes no partido.


"Na primeira metade soubemos superar bastantes veces a súa liña de presión e grazas a iso xeramos moitas ocasións de gol. Estivemos ben entre liñas, movendo a pelota con paciencia e o 2-0 reflicte o que foron os 20 minutos", explicou o técnico, contrariado polo que pasou tras o descanso. "Empezamos moi espesas e cometemos unha morea de perdas de balón. Quixemos facer moitos pases verticais, pero sen mobilidade, e o Alicante fíxonos moito dano na presión. No primeiro gol visitante estivemos moi mal colocadas e despois fixeron dous goles máis, os dous excelentes, para complicarnos moito o encontro".


 


"Temos que intentar que non se repita o que pasou o sábado porque vai haber ocasións en que non baste a loita e o carácter para poder gañar" concluíu o técnico mariñán.


 


FONTE: A Mariña-El Progreso

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores