Entrevistas
25 de febreiro de 2014
Juanlu: 'Defensivamente fixemos un bo partido'

O técnico Juanlu Alonso considera que o Burela FS Pescados Rubén ofreceu unha boa imaxe en liga a pesar da derrota ante o titánico Barcelona (3-0) do sábado, aínda que tamén admite as dificultades que tivo para achegarse á portería rival. "Defensivamente fixemos un bo partido, xa que creo que é difícil rebaixar máis o número de ocasións que fixo o Barcelona. O problema é que para gañar este tipo de partidos non só tes que minimizar o rival senón que hai que ter unha grande eficacia á hora de materializar as ocasións e nós tivemos as nosas, con 1-0 e 2-0, e non as aproveitamos" sinala o adestrador, que sabía que era un momento complicado para sorprender ao Barcelona. "Está a punto de xogarse a segunda praza nun enfrontamento directo con ElPozo e non quería deixar máis puntos no camiño".


 


FONTE: A Mariña-El Progreso


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores