Entrevistas
8 de maio de 2014
Xoias laranxas: Coñece a...Renato Lopes Furtado
En categoría xuvenil, o Burela Pescados Rubén conta cunha firme promesa da canteira laranxa, Renato Lopes. Natural de Cabo Verde (1997), Renato xoga de á-peche no equipo xuvenil de Liga Nacional e ademais de adestrar con certa regularidade co equipo senior, debutou recentemente no amigable disputado ante a selección de Vietnam.

- Cando empezaches a xogar ao fútbol sala?
Con 6 anos nas ED Barreiros no equipo que adestraba “Madar” e ao Burela FS cheguei en categoría alevín.

- Practicaches outros deportes?
Si, o baloncesto tamén me gusta xogo ás veces cos amigos. Tamén xoguei ao fútbol pero decanteime polo fútbol sala, sempre foi o deporte que máis me gustou.

- En que pensas antes de saír á pista a xogar?
Simplemente concéntrome e animo ao equipo.

- Es mellor co balón ou cos videoxogos?
Sen dúbida co balón, os videoxogos non se me dan especialmente ben.

- Cal é o teu equipo preferido?
Son do FC Barcelona pero ante todo, do Burela FS Pescados Rubén.

- Quen é o teu xogador preferido de fútbol sala?
Sen dubidalo, Ari Santos do FC Barcelona.

- Cal é a túa asignatura preferida e a que peor se che dá?
Educación Física e matemáticas son as miñas preferidas e inglés é a que máis me custa.

- Que che gustaría ser de maior?
Xogador do Burela FS Pescados Rubén

- En que posición te sentes máis comodo xogando?
Gústame xogar de á xa que tes máis opcións de encarar ao rival e buscar o un contra un. De todos os xeitos, cando toca xogar de peche tamén o fago encantado, hai que axudar ao equipo no que necesite.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores