Entrevistas
15 de maio de 2014
Xoias laranxas: Coñece a…Mamadou Diouf
A escola laranxa é un exemplo de integración social como o demostra o caso de Mamadou Diouf, natural de Dakar (Senegal). Nacido o 19/09/1998, chegou a Burela en maio de 2010 e a través do deporte a súa integración a unha cultura diferente foi máis sinxela. Con 15 anos, Mamadou xoga de peche no equipo cadete e ademais da súa lingua materna, o Wolof, fala con soltura o castelán, galego e algo de francés.

- Cando empezaches a xogar ao fútbol sala?
Cando cheguei a Burela xoguei ao fútbol uns meses xa que en Senegal xa o practicaba, descoñecía o fútbol sala.
A tempada seguinte Mera falou comigo e probei o fútbol sala. Gustoume moito e xa me decantei por este deporte.

- En que pensas antes de saír á pista a xogar?
Procuro estar moi concentrado e para iso axúdame moito a música. Actualmente, escoito Adrenalina de
Jennifer López e Ricky Martin.

- Como te desenvolves cos videoxogos?
Non xogo moito, aínda que son mellor que Renato. Prefiro escoitar música e ver películas. Encántanme as de
Jean Claude Van Damme.

- Cal é o teu equipo preferido?
A selección de Senegal, o Barça de fútbol e, por suposto, o Burela FS Pescados Rubén.

- Quen é o teu xogador preferido de fútbol sala? (Sen dubidar un instante)
Hugo do Burela, para min é especial porque desde que chegou tratoume sempre moi ben. É un amigo.

- Cal é a túa asignatura preferida e a que peor se che dá?
Educación Física e Matemáticas e a que non me gusta nada é Naturais.

- Que che gustaría ser de maior?
Xogador do Burela FS Pescados Rubén, encantaríame chegar ao primeiro equipo.

- Xogas de peche. Como te definirías como xogador?
Como o cerebro do equipo. Defensivamente son contundente na marca, gústame competir.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores